top of page

APPS DE MATEMÁTICAS


Ola a tod@s! Xa remataron as vacacións e é hora de regresar ás aulas coas pilas cargadas. Por iso, e como xa publicaramos en situacións anteriores, ofrecemos unha selección de apps moi utiles para traballar, nesta ocasión, a área de matemáticas.

Estas abarcan desde os 6 anos ata os 11 e traballan os diferentes aspectos da área respectando o nivel de cada alumno/a: escritura e lectura de números, series, números ordinais e cardinais, as horas, o euro, medidas, resolución de problemas matemáticos, operacións de cálculo e xerarquía de operacións, xeometría, aproximacións, ángulos e os seus tipos, raíces e potencias, etc.

Estas apps podedes empregalas para complementar a materia tanto na aula como no fogar.


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay tags aún.
bottom of page