top of page

TEORÍA DAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES


Esta teoría, que foi desenvolvida polo psicólogo Howard Gardner e os seus colaboradores, afirma que todas as persoas podemos presentar 8 posibles intelixencias, non só unha única intelixencia entendida como a "capacidade para solucionar problemas ou elaborar bens valiosos".

Entre elas atópanse as seguintes:


Intelixencia lingüística: capacidade de dominar a linguaxe, non só a oral, senón tamén a escrita, a non verbal, etc.


Intelixencia lóxico-matemática: capacidade para o razoamento lóxico e a resolución de problemas matemáticos, facendo especial fincapé na velocidade coa que se aplica.


Intelixencia espacial: habilidade para observar o mundo e os obxectos desde diferentes perspectivas,.


Intelixencia musical: todas as persoas teñen esta habilidade, pero só os que a amosan máis desenvolvida son aqueles capaces de tocar un instrumento ou compoñer pezas musicais con facilidade.


Intelixencia corporal e cinestésica: habilidade para manexar ferramentas ou para expresar certas emocións.


intelixencia intrapersoal: é a facultade que nos permite comprender e controlar o noso interior en canto á regulación das emocións e do foco atencional. Esta intelixencia fainos capaces de acceder aos sentimentos e emocións e reflexionar sobre eles.


Intelixencia interpersoal: habilidade para detectar e entender as circunstancias e os problemas dos demais.


Intelixencia naturalista: esta capacidade permite ás persoas detectar, diferenciar e categorizar os aspectos vinculados ao entorno. É unha das intelixencias esencias para a supervivencia do ser humano.






POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay tags aún.
bottom of page