top of page

CONTENT CURATION (Curación de contidos)


¿Que é para min a curación de contidos?

Pois aínda que as comparacións son odiosas, para min seméllanse bastante ás técnicas de estudo aplicadas cos estudantes, pero coa diferenza de que se aplica no uso da internet. Se nos fixamos nas fases que implica un bo proceso de curación de contidos, isto implica unha busca de información ou recursos, que logo deberemos avaliar (seleccionar) segundo diferentes criterios.

Despois deste paso, o seguinte é clasificalos de diferentes maneiras (no caso das técnicas de estudo, isto permitiríanos comprender as relacións entre conceptos e así asimilar mellor os contidos), de xeito que podamos acceder á información dun xeito máis rápido e con maior facilidade.

Logo disto, on interesante é compartir con outras persoas aqueles recursos ou información que che resulta interesante, creando así redes cooperativas de traballo ou centros de interese (isto tamén ocorre nunha aula ordinaria, cando os alumnos comparten os datos obtidos do seu proceso de investigación e elaboración de contidos). E por último, unha fase de autoavaliación, por así dicilo, xa que o que se fai é medir os resultados deses intercambios e observar cales son funcionais (deste xeito podes saber que aspectos interesan máis, descartar temáticas, etc).

Como podedes observar na marxe dereita da infografía aparecen diferentes iconos de aplicacións ou programas empregados para levar a cabo cada unhas das fases. Non obstante, ademais destas podemos empregar outras como:


- Instapaper: o cal se emprega para filtrar a información. Similar a este tamén temos o Pocket.


- Pinboard: empregado para almacenar a información online.


- Evernote: empregado para almacenar a información offline.


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay tags aún.
bottom of page