top of page

PLE e PLN: ENTORNOS PERSOAIS DE APRENDIZAXE E REDES SOCIAIS NA EDUCACIÓN



Bueno, xa estamos a piques de rematar o Curso de formación para profesorado PLE e PLN: entornos persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación.

A imaxe da esquerda serviravos para facervos una idea dos contidos traballados ao longo do curso.

Son moitas as ferramentas relacionadas coas TICs que podemos empregar, pero o máis importante é saber cal é finalidade e función de cada unha delas.

Deste grupo de ferramentas, as de maior utilidade para min nun futuro serán aquelas que nos permitan filtrar a información coa que cada día se nos bombardea (como Feedly ou Pinterest) e sobre todo, aquelas que nos permiten crear ambientes colaborativos de traballo. Estas últimas, como Socialwire, Pinterest, Dropbox ou Google Drive permítennos compartir información, proxectos en común, experiencias ou mesmo, contidos multimedia con compañeiros/as do centro e mesmo tamén, con outros profesionais externos. Deste xeito, podemos invertir menos tempo niso que todos os mestres/as rexeitamos e que recibe o nome de "trámites burocráticos" e nos afasta da nosa verdadeira vocación, a ensinanza e o contacto directo cos nosos alumnos/as.


Ademais destas, tamén me gustaron as ferramentas que nos permiten realizar cuestionarios, autoavaliacións ou mesmo, avaliacións dun xeito moito más lúdico, como son Kahoot, Quizziz ou ClassDojo (as cales foron recomendadas por algúns dos meus compañeiros/as e aos que teño que agradecer as súas interesantes aportacións).

Mais a miña verdadeira intención nun futuro non será só que eu mesma faga uso delas, senón animar a aqueles compañeiros/as de profesión, que por uns motivos ou outros, aínda amosan certa reticencia ao uso das novas tecnoloxías e todas aquelas ferramentas que este mundo nos ofrece e que son un recurso ao servizo da educación que nos permite enriquecer este proceso e crear alumnos/as máis autónomos, curiosos e críticos, entre outras capacidades.




POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page