top of page

A MESA DAS SUMAS


Debido a un problema do que moitos de vós sodes coñecedores "A desaparición do centro educativo no que eu desenvolvía as miñas funcións" levo tempo sen escribir.

A verdade é que non me atopaba moi motivada.

Non obstante, pido desculpas e procurarei mantervos actualizados con novos e interesantes materiais.

Aquí vos presento unha mesa de sumas (unha mesa normal de clase preparada para aprender as sumas).

Con esta mesa pretendo que o alumnado aprenda a sumar con maior comodidade.

Este material xa foi presentado en anteriores entradas, mais decidín customizalo dándolle unha nova imaxe e un novo uso. Espero que vos resulte interesante.



POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay tags aún.
bottom of page