Moitas son as nosas dúbidas cando un alumno/a presenta dificultades, as cales non sempre se debe a factores intrínsecos.
Cada persoa amosa diferentes estratexias para procesar e almacenar a información e en ocasións, algúns destes procesos ou pasos está a fallar.
Por este motivos, debemos de analizar cada un destes procesos e averiguar cal falla.
Moitas son as teorías que tratan de explicar como procesamos os seres humanos a información (aquí podedes atopar algunhas delas) , pero cada unha trata de dar unha resposta desde o seu punto de vista, polo que poden presentar carencias explicativas.
Un dos conceptos máis relacionados con isto é o denominado "metacognición", é dicir, a capacidade das persoas para reflexionar sobre o seu pensamento e sobre a forma na que aprenden. Nos máis pequenos, esta capacidade é practicamente nula (xa que é moi abstracta), polo que debemos axudarlles a comprender como aprender así como as pautas de estudo que mellor se adapten a eles.