Hoxe en día é cada vez máis habitual atopar entre o noso alumnado casos de nenos/as que presentan dislexia e en moitas ocasións, como profesionais, non sabemos como identificar ditos casos ou mesmo, como intervir despois dunha valoración máis exhaustiva.
Neste vídeo, podemos observar algunhas das conductas e accións propias dun alumno/a disléxico/a.
Non obstante, ás veces, convén descartar outras posibles dificultades antes de levar a cabo un diagnóstico profesional.
Change Dislexia deseñou un test que nos permite valorar a probabilidade do alumno/a de presentar unha dislexia (non equivale a un diagnóstico profesional). Para desenvolver este test, que ten unha duración aproximada de 15 minutos, debemos rexistrarnos na seguinte ligazón Dytective Test ou descargar app en Google Play ou App Store de forma gratuíta.
Para aqueles mestres/as máis reticentes ás novas tecnoloxías, podemos visitar a páxina de Disfam e descargar os documentos de valoración de PRODISLEX clasificados por niveis educativos.