Hoxe ensínovos un exemplo de dominó táctil moi fácil de elaborar. Cada persoa pode decidir qué elementos empregar ou que texturas segundo as necesidades de cada alumno/a.
Como podedes observar resulta útil para traballar a percepción táctil, a motricidade fina e sobre todo, é un material moi motivador para o alumnado con discapacidade visual. Non obstante, adoita ser igual de divertido para todo o alumnado en xeral, e aínda que non o creades, tamén para os adultos. Animádesvos?