top of page

O fonema "p"


En ocasións, os alumnos e alumnas que cursan os niveis máis baixos da ensinanza obrigatoria, atópanse con dificultades para pronunciar ou diferenciar algúns fonemas ou grafemas. Nesta ocasión, presentamos un material que resulta signiticativo e chamativo para traballar o "p".

Con estas tarxetas podemos solicitar que o alumno/a coloque as tarxetas- palabra coa imaxe-palabra igual.

Tamén podemos retirar a tarxeta-palabra superior, e solicitar ao alumno/a que relaciona a tarxeta-palabra coa imaxe que lle corresponda.

Outra posibilidade, sería nomear as palabras oralmente ao alumno de xeito que o alumno saiba diferenciar "pa", "pe", "pi" ou "pu".

Todas estas actividades poden presentarse de forma lúdica para que o alumno/a se sinta máis motivado e aprenda de forma autónoma e significativa.

Este material foi cedido por unha particular e especial compañeira, gracias Sofía.


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page