Bos días!! O material que presentamos hoxe axudará aos nenos e nenas máis pequenos a aprender a sumar. Como vedes é moi doado de facer.
Neste caso, a presentación realízase en posición horizontal, pero tamén podería elaborarse en vertical (todo depende do alumno/a).
Con este material favorecemos o recoñecemento dos números, o conteo e a adquisición do concepto de suma (que implica engadir).
Unha posible actividade consistiría en que primeiro o educador coloque as caras verdes no panel, e seguidamente o nen@ debe contalas e situar na parte superior o número correspondente. Logo, o alumn@ faría o reconto de caras verdes, e na parte esquerda, colocaría o número de caras vermellas que resulta da suma e o correspondente número.
(unha variante desta actividade consistiría en darlle primeiramente os números da suma na parte posterior).
Espero que vos resulte de utilidade!!