top of page

EMOCIÓNS


Para comezar o ano con bo pé, imos falar dun libro moi interesante para traballar as emocións, aspecto ao que hoxe en día se lle está dando moita importancia dentro das aulas, pois un neno/a emocionalmente estable, é un neno/a máis centrado e con maiores posibilidades de éxito académico.

Este libro chámase "Emocionario" e nel traballanse ademais das emocións básicas (alegría, tristeza, odio, amor, felicidad, etc), outras emocións que resultan máis difíciles de identificar e, por ende, de lidiar con elas.

Este libro poderá sen útil con todo o alumnado, xa que podemos ter alumnos/as que pasan por momentos nos que experimentan sensacións nunca vividas e descoñecidas, e este libro pode axudarnos a comprender ditas emocións e a afrontalas.

No caso de ter escolarizado algún alumno/a con TEA (trastorno de espectro autista) nas nosas aulas, sería conveniente axudarnos deste tipo de materiais, posto que moitos destes nenos/as amosan grandes dificultades para comprender e diferenciar tanto os estados emocionais propios como os alleos.


Como podedes ver, este é o índice das emocións que se poden traballar apoiándonos no libro.


Ademais do libro, nesta páxina web (http://www.palabrasaladas.com/emocionario.html) podemos atopar materiais como unha guía, fichas, ideas para explotar as imaxes e/ou un taller totalmente gratuíto.

Tamén existe na rede unha versión musical, onde podemos atopar diferentes pezas musicais asociadas ás distintas emocións e imaxes do libro (http://www.auladeelena.com/p/proyecto-emocionario-musical.html )


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page