Esta vez a nosa entrada está relacionada coas matemáticas e o sistema de numeración decimal.
Como podedes ver, este material é de fabricación propia,mais tamén se podería realizar con outro material caseiro como unha base de poliestireno expandido (porexpan) e unhas palliñas de sorber.
Este material semella un ábaco, e serve para traballar o valor posicional das cifras así como as equivalencias entre decenas, centenas, unidades de millar, etc e as unidades que lle corresponden.
Así mesmo, tamén pode ser útil para que o alumno/a represente un número dado (situando o número de bólas que corresponden en cada valor posicional) e viceversa (escribir un número en función da posición das bólas en cada valor que o mestre/a lle pida).