top of page

TEA (Trastorno de Espectro Autista)

Na entrada de hoxe imos acercarvos un poquiño máis ao mundo do Trastorno de Espectro Autista (TEA).


Segundo o Manual de Diagnóstico Diferencial DSM-V o Trastorno de Espectro Autista é un trastorno do neurodesenvolvemento que se caracteriza pola presenza dos seguintes criterios:


A Deficiencias persistentes na comunicación e na interacción social en diversos contextos:

A.1 Deficiencias na reciprocidade socioemocional (Acercamento social anormal, fracaso na conversa normal en ambos sentidos, diminución en intereses, emocións ou afectos compartidos e dificultades en iniciar ou responder a interaccións sociais).

A.2 Deficiencias nas condutas comunicativas non verbais utilizadas na interacción social (Comunicación verbal e non verbal pouco integrada, anormalidade no contacto visual e da linguaxe corporal, deficiencias na comprensión e no uso de xestos, falta total de expresión facial e/ou de comunicación non verbal)

A.3 Déficits no desenvolvemento, mantemento e comprensión de relacións (Dificultade para axustar o comportamento a diversos contextos sociais, dificultades para compartir o xogo imaxinativo ou para facer amigos e ausencia de interese polas outras personas). B Patróns restrictivos e repetitivos de comportamento, intereses ou actividades

B.1 Movementos, uso de obxectos ou fala estereotipada ou repetitiva (Estereotipias motrices sinxelas, alineación de xoguetes, cambio de lugar dos obxectos, ecolalia e/ou frases idiosincráticas)

B.2 Insistencia na monotonía, excesiva inflexibilidade a rutinas, ou patróns ritualizados de comportamento verbal e non verbal (Elevada angustia ante pequenos cambios, dificultades coas transicións, patróns de pensamento ríxidos, rituais de saúdo, necesidade de seguir sempre a mesma ruta ou de comer os mesmos alimentos cada día).

B.3 Intereseses moi restrictivos e fixos que son anormais en canto á súa intensidade e focos de interese (Forte vínculo ou elevada preocupación cara obxectos inusuais, intereses excesivamente circunscritos e perseverantes).

B.4 Híper ou hiporreactividade aos estímulos sensoriais ou interese inusual polos aspectos sensoriais do entorno (Aparente indiferenza á dor/temperatura, resposta adversa a sons e texturas específicas, ulir ou tocar excesivamente obxectos e /ou fascinación visual con luces ou movimentos)


En relación con isto, hai uns anos un pai decidiu plasmar o mundo da súa filla María en imaxes, aspecto que adoita facilitarlle a organización do seu mundo, xa que eles teñen unha visión do seu entorno diferente á que poden ter o resto de persoas. Aquí vos deixo o trailer deste documental para que podades comprender mellor todos os criterios anteriormente nomeados.


Non obstante, se queredes ver o documental enteiro pinchade AQUÍ.


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page