top of page

APPS PARA APRENDER FRACCIÓNS


O concepto de fracción sempre é unha aprendizaxe que supón algunha que outra dificultade para o alumnado. As representacións gráficas facilitan a comprensión e son un apoio no proceso de aprendizaxe do alumno/a. Por este motivo, hoxe presentamos tres apps (con diferentes niveis de complexidade) que podedes empregar como actividade de partida ou mesmo de reforzo e ampliación nas aulas. Estas apps poden descargarse gratis en google play e play store. Todas elas están editadas en inglés, non obstante, son moi intuitivas e de seguida os nenos/as saben o que deben de facer en cada unha das actividades. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes con elas.


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page