Esta aplicación permite mellorar determinados aspectos da linguaxe comezando polos niveis máis baixos.
Nun primeiro e segundo nivel permite crear palabras a partir de sílabas. No terceiro nivel deben seleccionar a palabra desordenada que coincida con outra de exemplo. No cuarto nivel, deben seleccionar por orde as palabras dunha oración de xeito que coincida coa do modelo dado. No quinto nivel, o alumnado deberá seleccionar entre varias palabras, aquelas que sexan correctas para completar unha oración con sentido. E no sexto, e último nivel, o alumnado deberá seleccionar, de entre varias oracións, aquela que consideren que é correcta. Esperamos que vos resulte de utilidade.