Hoxe recomendamos esta app gratuíta, a cal é en sí un test de comprensión lectora.
Este test é válido tanto para nenos/as como para adultos, pois permite seleccionar a idade e o sexo da persoa para adaptar as lecturas.
Esta app valorará tanto a velocidade lectora como a comprensión da mesma (a a través dunhas preguntas posteriores á lectura).
Así mesmo, unha vez rematadas as preguntas, a propia aplicación nos aporta unhas recomendacións sobre o proceso lector.
A aplicación poderá ser útil tanto para o profesorado como para as familias, xa que en base aos resultados poderemos obter información sobre aqueles aspectos propios do proceso lector nos que é preciso facer un maior énfase.