"Juega Sílabas" é unha aplicación que se pode descargar en Play Store. Esta aplicación non é totalmente gratuíta. A súa versión gratis vai permitir que o alumnado poda realizar actividades nas que debe aprender o concepto de sílaba, actividades nas que debe indicar o número de sílabas que ten unha palabra determinada ou adiviñar a sílaba inicial dunha palabra.
A súa versión de pago, permitirá ademais que traballen palabras que comezan coa mesma sílaba, a sílaba final das palabras, a conciencia de rima e a atención auditiva.