Os "bits de intelixencia" son un método didactico creado por Glenn Doman. Este método favorece a mellora da atención e a memoria, facilitan a concentración e desenvolven e estimulan o cerebro e a aprendizaxe.
A súa metodoloxía consiste en amosar información visual e auditiva de forma rápida mediante tarxetas de información. Numerosos estudos comproban que os estímulos curtos son máis eficaces que os longos, polo que os nenos/as aprenderán sen darse conta novos termos e significados.
Así pois, en base a isto, os nosos alumno/as poderán ampliar o seu vocabulario, aprender normas de ortografía e puntuación, ampliar os períodos de concentración e atención, ampliar a memoria de traballo, a curto e a longo prazo, aprender a clasificar e organizar palabras segundo diferentes criterios e facilitan a capacidade de relacionar conceptos previos con conceptos novos, entre outros.
A continuación, podedes ver un exemplo de "Bits de intelixencia".