top of page

Aprendendo os determinantes en castelán


Hoxe publicamos unha nova entrada na que amosamos un material de elaboración propia.


Este xogo servirá para traballar os determinantes tanto en Primaria como en Secundaria. Consta de dúas partes: unha base circular e oito fichas en forma de triángulo.

Ditos triángulos teñen na súa parte dianteira o tipo de determinante e na súa parte traseira, exemplos de ditos determinantes.


En base a isto, o alumnado deberá situar nun primeiro momento (observando os exemplos da parte traseira) os triángulos no lugar da base que lle correspondan.


Outra posibilidade podería ser situar todos os triágulos encima da base (como na segunda das imaxes) e que eles mesmos sexan quen de nomear algún exemplo do tipo de determinante que lles toque. Para comprobar se acertaron ou fallaron, deberán dar a volta á ficha triangular.


Deste xeito, pouco a pouco e de forma lúdica irán aprendendo os determinantes e diferenciando os seus tipos.



POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page