top of page

CAMBIOS DE UNIDADES DE LONXITUDE, MASA E CAPACIDADE


Como podedes ver non fan falta grandes inversións para ensinar ao noso alumnado.

Neste caso ocorreusenos empregar os bloques de construción para que os nenos e nenas aprendan a realizar os cambios de unidades nas diferentes magnitudes.

Con esta imaxe en concreto, traballamos cos múltiplos e submúltiplos do gramo (masa), pero podemos cambiar as etiquetas e facer o mesmo tanto coas unidades de capacidade como coas de lonxitude.

Así mesmo, para os maiores sería de igual utilidade coas unidades de superficie e de volume.

Este material permítelles manipular e vivenciar cada un dos saltos, polo que lles resultará máis significativo e ao mesmo tempo, máis divertido. Esperamos que vos parecese interesante a nosa aportación.


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
No hay etiquetas aún.
bottom of page